Galiza-Breizh, caixa de correios 1176, 15080 A CORUÑA
A administración e dirección da Irmandade Galiza-Bretaña son exercidas pola Asemblea Xeral e o Consello :
Tradición e experiencia
O Comité Bretagne-Galice foi creado en Rennes o 2 Xullo 1966 baixo iniciativa do presidente René Pleven , quen via nesta asociación o medio para recrear as relacións entre Bretaña e a Península Ibérica, igual que nos grandes periodos de prosperidade de Bretaña.
O seu colaborador, o almirante Maurice Amman, tomou a presidencia. Unha serie de viaxes oficiais foron organizadas e as personalidades bretonas foron recibidas sumptuosamente en Galiza.
En 1967, Dinan conclue un acordo de irmandamento con Lugo. Se a acción do Comité Bretagne-Galice tardou pouco en aportar frutos no plano económico (nomeadamente produtos do mar), o réxime dictatorial por contra impediu os intercambios no eido cultural. Nos últimos anos da dictadura as actividades do Comité non encontraron correspondencia, o que ocasionou un adormecemento da organización bretona.
O avenemento da democracia rende posible o desenvolvemento de relacións normais: A reunión da Conferencia de Rexións Periféricas Marítimas Europeas, en Santiago de Compostela en Novembro 1979, permite un encontro entre políticos bretóns e os novos responsables galegos, tomándose a decisión de reactivar o Comité Bretagne-Galice en Asemblea Xeral en Rennes o 14 Marzo 1980.
Na Asemblea Xeral celebrada en Lorient o 19 Maio 1982, o almirante Amman cede a presidencia a Robert Omnès, alcalde de Plomelin e profesor de español. Ese mesmo ano, Lorient se irmandaba con Vigo.
Pese as diversas visitas do presidente Robert Omnès a Galiza (recibido polos dous presidentes da Xunta de Galiza, Xerardo Fernández e Manuel Fraga), o Comité Bretagne-Galice sufriu a ausencia dunha organización similar da banda galega.
Desde 1982, o Comité Bretagne-Galice esforzouse para divulgar Galiza en Bretaña e Bretaña en Galiza por medio de conferencias, apoio a intercambios de grupos, asesoramento a proxectos de xemelgaxe e de publicacións... En 1985, o Comité publicou un libro colectivo sobre Galiza (2000 exemplares, 144 páxinas). En 1987, o Comité coeditou co Centre de Recherche Bretonne et Celtique a traducción do libro de Afonso Castelao As cruces de pedra en Bretaña (134 páinas), e organizouse en Lorient un encontro entre homes de negocios bretóns e españois.
O Comité Bretagne-Galice axunta a membros destacados da cultura bretona, cámaras de comercio, diputacións, concellos irmandados, rexión de Bretaña, e políticos de todas tendencias, cuxo obxectivo común é o de promocionar as relacións entre Galiza e Bretaña.
Os irmandamentos maniféstanse como un instrumento eficaz para unir estreitamente ás poboacións nun ambente de convivencia, contribuindo así á fortalecer a idea da conciencia europea.
A realización dunha Europa unida basease na herdanza común compartida entre os pobos do vello continente. Pese ás diferencias lingüísticas ou de modus vivendi, os países que conforman históricamente Europa participan dunhas notorias afinidades culturais, económicas e sociais.
A civilización atlántica foi durante longo tempo lar da historia do mundo e da modernidade. Galegos e bretóns están vencellados pola común raigame celta e por un paralelismo histórico sorprendente. Galiza e Bretaña comparten unha mesma cultura caracterizada pola Fe e as peregrinacións, as tradicións e lendas populares, a condición xeográfica fisterrá, o ruralismo e a periferia, a marxinación económica e a emigración.
O corazón económico da Europa reside no arco Londres-Italia do norte. Sendo actualmente inquedante o balanzo econ?mico das rexións fisterrás, a abertura dos mercados dos países do leste risca de agudizar a nosa condición periférica. Por tanto, a segunda política europea, despois da agricultura, é a da pesca. Un 80% do peixe da CEE se captura de Escocia a Portugal. O 80% do comercio marítimo europeo navega diante das nosas costas..
Os países do eixo céltigo deben axuntar os seus esforzos para loitaren contra esta marxinalización. As posibilidades de cooperación son numerosas : gobernos, empresas, universidades, vilas, portos, cámaras de comercio... Irmandamentos, universidades de verán, exposicións, forums, intercambios turísticos, sensibilización dos medias, festivais, manifestacións deportivas... As rexións atlánticas poden, unindo as súas forzas, crear unha contradinámica alternativa á concentración industrial e comercial do bloco centroeuropeo.
Actualmente, unha quincena de concellos galegos e bretóns están irmandados ou en vías de irmandamento. é primeiro xemelgamento galego-bretón, Lugo-Dinan en 1971, seguiron Vigo-Lorient, Betanzos-Pont-l'Abbé, As Pontes-Lesneven, Viveiro-Lannion,
Baiona-Pornic, Mondoñedo-Tr?guier, Cambados-Mont-St.Michel, Fisterra-Plogoff... Existen asemade programas de intercambios entre as universidades galegas e bretonas, relacións na producción audiovisual, no eido empresarial...
Xemelgaxes entre vilas galegas e bretonas :
en realización :
Unhas orixes comúns. Un presente paralelo. ? Un futuro semellante ?
Galiza
Bretaña
6.000 a.C. : Neolítico
inicial 3.500 a.C. :
Megalítico 3.000 a.C. : Neolítico
final 2.200 a.C. : Cultura do vaso
campaniforme
1.800 a 700 a.C. : Idade do
Bronce
Ruta marítima comercial que une
Illas Británicas, Armórica, Galiza e o
Mediterraneo
Ruta marítima comercial que une
Illas Británicas, Armórica, Galiza e o
Mediterraneo
Século VI a.C. :
Os celtas se asentan por toda
Europa
Século III a.C.
Armórica conquerida por
Roma
Século I a.C
Galiza submetida por Roma
Século V d. C.
Reino galaico-suevo
Séculos IV - V d.
C.
Vagas migratorias de chegada a Galiza
do continxente de britones. Organización da Igrexa
Bispado de Bretoña. Igrexa galega segundo o rito
céltigo
bretóns a Armórica :
nacemento de emigrantes bretóns. Nacemento
do ? Bretaña. Organización da ?
bretona segundo o rito céltigo
Séculos VI-IX
Anexión do Reino ga-
Incursións normandas
División de Bretaña en
laico-suevo ,condados. Invasóns francas e normandas.
Esplendor e crise do Reino de Bretaña
Séculos X-XVI
Renacemento do Reino de Galiza
. Idade de Ouro
económica e cultural do Reino de Galiza.
Intensidade do comercio marítimo entre os dous
países
Renacemento do Ducado de
Bretaña . Idade de Ouro
económica e cultural do Ducado de Bretaña.
Intensidade do comercio marítimo entre os dous
países
Séculos XIII-XIX
Progresivo control do Reino de Castela
sobre o Reino de Galiza
Progresivo control do Reino de Franza
sobre o Ducado de Bretaña
1483
Execución de Pero Pardo de
Cela
1532
Acta de Unión de Bretaña
á Franza
Séculos XVI-XIX
Séculos Escuros.
Ruína da economía galega.
Emigración
Séculos Escuros.
Ruína da economía bretona.
Emigración
Séculos XIX-XX
Rexurdemento de Galiza
.Dignificación das tradicións e culturas
propias. Primeiras relacións intercéltigas
contemporaneas. Castelao, Alvaro Cunqueiro, Manuel
María.. escriben sobre Bretaña. Exito
internacional da música celta.
Rexurdemento de Bretaña.
Dignificación das tradicións e culturas
propias. Primeiras relacións intercéltigas
contemporaneas. Exito internacional da música
celta.
Século XX
Galiza primeira potencia
agrícola de España. O mesmo tempo rexións peor dotadas de
infraestruturas e servizos.Galiza e Bretaña entre as
rexións españolas e francesas máis
pobres en renta por habitante. As economías galega e
bretona sufren os problemas derivados da reconversión
industrial, da política verde e da
políticaazul da CEE
Bretaña primeira potencia
agrícola de Franza. O mesmo tempo rexións
peor dotadas de infraestruturas e servizos. Galiza e
Bretaña entre as rexións españolas e
francesas máis pobres en renta por habitante. As
economías galega e bretona sufren os problemas
derivados da reconversión industrial, da
política verde e da política azul da
CEE
1966
Creaciõn Comité
Bretagne-Galice
1996
Irmandade
Galiza-Bretaña
A revista cultural Galiza-Breizh povos irmãos é publicada quatro vezes ao ano , o seu director é Anjo Avelaira , pode inscrever-se no endereço :
Galiza-Breizh é um projecto plural e aberto. E chama a todos os que queiram participar na labora de estabelecer relações mais estreitas entre a Galiza e a Breizh.
É uma organização aberta e integradora com base na Galiza.
Endereço:
Irmandade Galiza-Bretanha , Caixa de correios 1176 , 15080 A´Corunha, Galiza
Projectos e realizações da Irmandade Galiza-Bretanha :
Kevredigezh Breizh-Galisa / Comité Bretagne-Galice
Presidente : Robert Omnès
Entre muitas realizações cabe destacar :
Entre os muitos projectos cabe destacar :
Entre a Galiza e Breizh existem vários irmanamentos ao nível das cidades. Estes irmanamentos fazem remarcar ainda mais a nossa irmandade histórica. Entre outros , já estão feitos, ou terminando, os irmanamentos galaico-bretão :
(*) Informação a completar
Quais são as relações no tempo entre a Galiza e Breizh ?
As relações entre a Galiza e Breizh ( Bretanha ) remontam ao tempo dos finisterres atlânticos. As relações , por via marinha, entre Galiza a Eire ( Irlanda ) e a Breizh remontam ao tempo do messolitico, no tempo na que a celtidade, a cultura céltica estava em formação, ainda não existia. Uma característica comum atlântica distes povos é a cultura messolitica atlântica e em particular os petrogrifos, quem sem nenhuma duvida, ainda tendo conta da complexidade dalguns deles, são exactamente os mesmos. A abonança e identidade dos labirintos e espirais, da Eire, da Breizh e da Galiza é surpreendente.
As relações importantes entre a Galiza e a Breizh remontam ao tempo dos celtas, na que Galiza era conhecida pelo nome de - fim do mundo - ( extremis terrae ) , seja hoje ainda presente no nome Finisterre ou na - terra dos mortos - , o - outro mundo - para os celtas, de quem ainda termos conservado o nome de Costa da Morte, ( evoluido sem duvida da Costa dos Mortos ) a zona mais ocidental da Galiza. O Atlântico era conhecido como a mar do Ocidente e a Breizh como a Armorica. ( ar-mor-i-ca , da costa ou as pedras da mar ). Hoje os dois povos Galiza e Breizh conservam os nomes antigos destas terras, as mais ocidentais do continente Europeu, baixo os nomes dos finisterres, o Fisterra galego e o Finistère bretão.
Os celtas, que os mais dos arqueólogos fazem chegar a Galiza por terra, ainda que existe também uma hipóteses de trabalho que os fazem chegar por mar, vinham da Europa central caminho da Galia ( a mais, a França de hoje ). Depois de atravessar a meseta da peninsula Celto-Ibérica, onde deixaram restos do seu passo , se estabeleceram em grande numero na parte mais ocidental, na busqueda da que também foi conhecida pela - ara solis - , o fim do mundo, a terra dos mortos - onde o Sol se deita no Atlântico. Por de razões culturais e religiosas os celta se estabeleceram no finisterre atlântico, no - fim do mundo -.
Fontes antigas , em particular o livro eirês, Lebor Gabala Eirenn , nos fala das emigrações dos celtas desde a Galiza a Eire, em acordo com a tradição galega de Breogam. Segundo estas informações os Galegos a navegar na noite dos tempos chegam a Eire na que eles são conhecidos co nome dos Gaelos ( Gaels ). As rotas de navegação entre a Galiza e a Eire ( Irlanda ) são particularmente importantes pelo facto de ficar num rumo Sul-Norte e Norte-Sul, no mesmo meridano, com ventos dominantes do sector Oeste.
Estas são as bases da celtidade , das primeiras invasões da Eire. De ali, os céltigos goidelicos, conquistem outras terras na Ilha Britânica, que fica ao Leste da Eire. Nos primeiros tempos na costa ocidental da ilha, e muito mais tarde ao Norte. Assim poder explicar a celtidade de povos que se acham a Oeste ou ao Norte da Ilha Britânica sem a necessidade, já que a arqueologia não pode justificar, dum continuo vindo necessariamente da parte oriental da Ilha e pelo continente. Isto serve como explicação para a aculturação doutros povos não céltigos como os Pictos da Escócia que foram celtizados, depois da invasão em Alba da tribo dos Scots procedente da Eire , já nos século V d. JC.
Tempo mais tarde nos séculos V e VI d. JC os céltigos na Ilha Britânica, no que corresponde a zona mais ocidental da Ilha, onde se acha ainda hoje o -Land Ends- o finisterre das Cornualhas, vem-se empurrados por tribos germânicas. O resultados são novas emigrações dos Céltigos insulares às terras habitadas pelos irmãos cos que ainda tinham estreitas relações, no continente, na Armorica e na Galiza. As rotas marinhas entre a Galiza e a Breizh são existentes não só desde os tempos mais antigos mas elas continuam ainda durante toda a alta idade meia. Nestes séculos Galiza e Armorica sofrem novas invasões de tribos céltigas, já cristianizadas, os bretões. Armorica toma o nome de Breizh e na zona central da Galiza onde os céltigos bretões se estabeleceram e conhecida sob o nome de Britonia. Hoje a Galiza os lembra no nome de Bretonha, o eido da sé dos bretôes galegos. Em certa maneira, o circulo que começou na Galiza, fecha-se também em ela.
O povo Bretão fica hoje como o povo céltigo, não somente irmão, mas também como o mais amigo da Galiza. O povo galego pode contar cos amigos e irmãos céltigos bretões.